VERDADE VIRTUAL
FAKE NEWS E MANIPULACIÓN MEDIÁTICA
Aínda que nos atopamos ante un fenómeno complexo con séculos de historia, Internet e as canles de difusión masiva fixeron que a repercusión deste fenómeno adquira unha proporción descoñecida. Cada vez fan máis necesaria que nunca unha alfabetización mediática. Pero, que son realmente e como se propagan? Con que ferramentas contamos para fabricalas? Como podemos detectalas e combatelas?
SOBRE O PROXECTO
Coñece máis sobre o noso proxecto...
Somos un grupo de estudantes de 1º de bacharelato do IES Pedro Floriani que estamos traballando nun proxecto sobre as fake news e a manipulación nos medios de comunicación. Queremos coñecer como as noticias falsas afectan ao noso pensamento crítico. O noso obxectivo é dar a coñecer ferramentas e recursos para axudar a outros estudantes e para evitar a desinformación. Queremos ensinar a distinguir entre información verdadeira e falsa, para que todos poidamos estar mellor informados e menos manipulados polos medios.