VERDADE VIRTUAL
Tipos de Fake News
As fake news serven principalmente para manipular ao público con certos obxectivos políticos ou comerciais, pero poden ter outos moitos. Por exemplo, algúns titulares buscan o clickbait, que ten como obxectivo conseguir que a ligazón da páxina web obteña moitos clics e por tanto máis ingresos por publicidade. Tamén o phishing fai uso da información falsa e aprovéitase da boa fe dos usuarios de internet. A miúdo pídeselles que introduzan os seus datos persoais en formularios aparentemente fiables, o que pode dar lugar a roubos de identidade. Outro fenómeno son os bulos por correo electrónico a través de cadeas, que ameazan aos destinatarios con consecuencias fatais se non se reenvían.
A continuación, presentámosche catro tipos de fake news bastante frecuentes:
-
Desinformación deliberada
noticias inventadas e distribuídas con intereses concretos. Normalmente estas noticias diríxense a grupos especialmente susceptibles a este tipo de información, que cualifican o contido como crible e compárteno nas súas redes sociais sen verificalo.
​
-
Titulares falsos
Os titulares que presentan feitos falsos para chamar a atención foron durante moito tempo un método estilístico popular entre os medios de comunicación pouco serios. A miúdo, ao ler o artigo, descóbrese que o titular é deliberadamente enganoso e que non se corresponde co contido da noticia. Os titulares falsos tamén son coñecidos como titulares clicbait.
​
-
Publicacións virales
Nas redes sociais, publícanse noticias novas cada segundo. Por iso, os usuarios non se toman o seu tempo para verificar a autenticidade de cada publicación. As publicacións populares móstranse con maior frecuencia aínda cando non son verdadeiras, como no caso das fake news, pois so n as máias compartidas e por conseguinte as máis "gustadas".
​
-
Sátira